Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?

Imaxe
  Para entender o flamante contrato do UH-60L Black Hawk asinado pola Xunta coa empresa Airworks Helicopters, de Salamanca, e máis o futuro despregamento deste tipo de aeronaves no Estado Español e no resto da Europa máis afectada e sensibilizada polo desafío dos megaincendios, convén que introduzamos algúns factores e botemos man doutros detalles non banais. Para, posteriormente, centrármonos na análise da eficiencia destes aparellos no combate aéreo dos incendios. Vamos con un deses factores necesarios, pero non suficientes..: o colapso Kamov. O denominado colapso dos helicópteros Kamov en Europa refírese á parálise total e á retirada de servizo destas aeronaves rusas de extinción de incendios a raíz das sancións impostas pola Unión Europea á Federación Rusa. Esta situación provocou unha perda de até o 30% na capacidade de descarga e extinción de incendios forestais en países do sur de Europa, especialmente no Estado Español e Portugal, que dependían enormemente do modelo Kamo...

O Black Hawk do lume.., a Conselleira xa ten xoguete

 

Como non podía ser doutro xeito, temos que reaccionar axiña ante a nova que anunciou onte o contrato do servizo de aluguer dun helicóptero milagreiro para o combate dos incendios, o Sikorsky UH-60L Black Hawk. Lamentabelmente para o circo de ananos que temos por goberno da Xunta, os principais mass media, ante a voráxine informativa que atravesamos, non lle deron a relevancia que gostarían e a nova ficou un tanto eclipsada polo feminismo de Míster Chícharo Núñez, ou polo look, que se di agora, de andar ás vacas do Perrosanche na entrevista nun late show noxento deses que se levan agora no telemiro. Do cal, por suposto, nos alegramos, porque como avanzamos no seu momento aquí, o tal helicóptero non é máis que un tareco voador que moi pouco vai contribuír á loita contra incendios.


E, de entrada nesta entrada, dicir que a compañía que vai prestar o servizo, pola nada desprezábel cantidade de entre 8.2 a 15,5 millóns de euros (dependendo de prórrogas de contrato ou, principalmente, de se o helicóptero voa máis horas que as previstas) é Airworks Helicopters. O contrato é para tres anos (2027-2029, porque 2026 xa case finou) e a empresa citada foi fundada polo empresario zamorano Manuel Tamame Martín e actualmente xerida por seus fillos. Esta empresa mercou o tareco voador á Timberline Helicopters Inc, de Idaho, empresa especializada na reciclaxe da chatarra militar do exército dos USA, e concretamente, os seus Blackhawks. E a chatarra que vai alugar o Presidente Neumático fabricouse hai xa case 30 anos. Podedes ver aquí a ficha que lle ten a Federal Aviation Administration. Posibelmente ese aparello teña participado en misións no Afganistán e no Irak.  O Presidente Neumático ten un gran olfato para as compras.. E o mellor de todo é que á Timberline Helicopters a compra e reciclaxe destas chatarra, reparando a fatiga mecánica e adaptando as máquinas para o servizo contra incendios, non lle vale máis que tres ou catro millóns. O que pagou a empresa dos Tamame é descoñecido.

O que si se sabe é que a Airworks Helicopters impulsa a base aérea de Aldeatejada (Salamanca), un complexo de aviación civil que ocupou 16 hectáreas de interese ecolóxico (hábitat de interese comunitario) coa autorización ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica, e ten pensado operar nesa base a súa futura frota chatarreira para Europa. Porque o acordo que asinou coa Timberline Helicopters Inc vai máis alá da compra do primeiro tareco para a Xunta. Supón un acordo comercial no que a empresa de aviación dos Tamame se convirte en único representante para Europa da Timberline e, por tanto, no único importador de chatarra reciclada. A familia Tamame non buscou unicamente dar o golpe cun superhelicóptero en Galiza; montou o ecosistema completo (representación comercial, taller certificado en Salamanca e pilotos formados) para liderar a introdución masiva deste modelo en toda Europa durante os vindeiros anos. E non será o único tareco destes que alugue a Conselleira Ninfuninfá. A saber se os Tamame non ficharán no Consello de Administración da súa “empresa familiar”, para orientar tecnicamente os helicópteros, á dos “regalos de la hostia”.

Deixamos para a seguinte entrada a análise de eficiencia do tareco voador... 



Comentarios

  1. Esta xente solo pensa en apagar e apagar coidar para que se encende, arda con chama baixa con pouca leña por ter prevido o caso eso non lles vale, porque hay que pasar traballo e con nugallans o mellor e xogar os Playmovil.
    Mira canto se poderia coidar con eses cartiños.

    ResponderEliminar
  2. Another.cow.in.the.corn o moi ben referido tareco nin é o primeiro UH60 en extinción nin o primeiro de Europa. É o primeiro polo que se paga un pastizal por unha admin. civil. Portugueses, checos e gregos tiraron auga xa con ese trasto. Un chisco farto de falacias e fantasías da consellería e da conselleira (deus salve ó conselleiro).

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O devalo premeditado dun país: o abandono dos serradoiros de castiñeiro e piñeiro

Incendios e fauna en perigo (e IV): o lobo (Isabel Barja)

Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?