Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2026

Incendios e fauna en perigo (e IV): o lobo (Isabel Barja)

Imaxe
Isabel Barja Núñez, nacida en Campobecerros (Castrelo do Val), doutora en Ciencias Biolóxicas e profesora titular do Departamento de Bioloxía da Universidade Autónoma de Madrid. Centra o seu labor de investigación nun amplo número de especies animais e en diferentes disciplinas ou aspectos das ciencias da vida, pero é unha das investigadoras que mellor coñece as interioridades do lobo, desde o seu comportamento trófico e de marcaxe territorial, até as circunstancias que acompañan e provocan elevados índices de estrés na poboación, desenvolvendo un notábel traballo neste último aspecto a través do estudo das oscilacións da presenza de indicadores hormonais debido ás perturbacións humanas. Nacida nunha aínda dinámica aldea da montaña de Ourense á que volta todos os meses, era obrigado e é un placer te-la de convidada. Pregunta (P): Desde hai uns 15 anos, pero especialmente nos derradeiros cinco, vense evidenciando a gravidade que supón a ameaza dos incendios para numerosos territorios e ...

A mística dos avestruces

Imaxe
  “O mellor gardián dunha cousa calquera pode ser o seu máis hábil ladrón” Platón. Libro I. A República   Fora Plinio O Vello, autor de Naturalis Historia , quen descrevera o suposto costume dos avestruces de ocultar a cabeza no mato, persuadidos de que así tamén ocultaban e protexían o resto do corpo. Se é certo ou non, este costume atribúese de forma recorrente a quen, con torpeza, prefere tapar os ollos, desviar a atención e ignorar o perigo, pensando que o simples paso do tempo o vai conxurar. Cando isto se escreve, arde sen remedio boa parte do que denominaron Sistema Central, conxunto de serras entre as que se encontran as de Guadarrama e Gredos, con cumes que superan a cota 2.400m na primeira e que se achegan aos 2.600 na segunda. Neste verán estas áreas levan padecido o que xa se denomina como “trens de vagas de calor”. De momento, eses “comboios” parecen dar un respiro ao noroeste ibérico onde nos encontramos. Pero a proba do poder destes megaincendios e da in...

Un novo aviso.., desde al-Mariyya. O incendio de Los Gallardos

Imaxe
  A calor e, ao parecer, as inevitábeis continxencias da electrificación, deron en armar un enorme incendio nas terras desde as que o primeiro califato umayya de al-Ándalus controlou a beiramar. A partir da información publicada até agora, podemos reconstruír con suficiente detalle a secuencia de activación do dispositivo de emerxencias para nos facermos unha idea do realmente acontecido, aínda que haberá que esperar ás investigacións oficiais para coñecer até onde alcanzan as responsabilidades institucionais, se as houber. A cronoloxía e sucesión de acontecementos en relación coa xestión deste lume podería ser común ou similar a ducias dos padecidos o pasado ano. O i nicio do incendio establécese a partir do primeiro aviso, o que desencadea a reacción de combate. Ese primeiro aviso recibiuse ás 16:25 do 9 de xullo, nun lugar próximo á estrada Nacional 534a, a máis de 5km de onde se cobraría as vítimas mortais. As condicións meteorolóxicas eran moi desfavorábeis: temperaturas ele...

O “escaqueo” das empresas da madeira

Imaxe
  Onte apareceu na prensa unha nota de Fearmaga (Federación Empresarial de Aserraderos e Rematantes de Madeiras de Galicia), unha das máis potentes organizacións do colectivo de empresas da madeira, reclamando “diálogo técnico” coa Xunta sobre a recente orde de Medio Rural de condicionar as cortas estivais de madeira á presenza dun operario adicional e un veículo equipado con depósito de 400l, por se as procesadoras provocan accidentalmente un lume. A orde ( DOG 119 do 29/6/2026 - ORDE do 23 de xuño de 2026 pola que se regula a utilización de maquinaria durante a época de perigo alto, nos supostos de índice de risco de incendio forestal moi alto ou extremo. ) especifica días (alto risco de incendio ou Indice de Risco de Incendio mui alto ou extremo) e horario (entre as 12 e as 18 h) nos que aplicar eses condicionantes. Pero isto non vai con Fearmaga, que levita por riba de veleidades domésticas e asegura que “a maquinaria usada para cortar madeira no monte non causa incendios”. Xus...