Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cortas de madeira

Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?

Imaxe
  Para entender o flamante contrato do UH-60L Black Hawk asinado pola Xunta coa empresa Airworks Helicopters, de Salamanca, e máis o futuro despregamento deste tipo de aeronaves no Estado Español e no resto da Europa máis afectada e sensibilizada polo desafío dos megaincendios, convén que introduzamos algúns factores e botemos man doutros detalles non banais. Para, posteriormente, centrármonos na análise da eficiencia destes aparellos no combate aéreo dos incendios. Vamos con un deses factores necesarios, pero non suficientes..: o colapso Kamov. O denominado colapso dos helicópteros Kamov en Europa refírese á parálise total e á retirada de servizo destas aeronaves rusas de extinción de incendios a raíz das sancións impostas pola Unión Europea á Federación Rusa. Esta situación provocou unha perda de até o 30% na capacidade de descarga e extinción de incendios forestais en países do sur de Europa, especialmente no Estado Español e Portugal, que dependían enormemente do modelo Kamo...

O “escaqueo” das empresas da madeira

Imaxe
  Onte apareceu na prensa unha nota de Fearmaga (Federación Empresarial de Aserraderos e Rematantes de Madeiras de Galicia), unha das máis potentes organizacións do colectivo de empresas da madeira, reclamando “diálogo técnico” coa Xunta sobre a recente orde de Medio Rural de condicionar as cortas estivais de madeira á presenza dun operario adicional e un veículo equipado con depósito de 400l, por se as procesadoras provocan accidentalmente un lume. A orde ( DOG 119 do 29/6/2026 - ORDE do 23 de xuño de 2026 pola que se regula a utilización de maquinaria durante a época de perigo alto, nos supostos de índice de risco de incendio forestal moi alto ou extremo. ) especifica días (alto risco de incendio ou Indice de Risco de Incendio mui alto ou extremo) e horario (entre as 12 e as 18 h) nos que aplicar eses condicionantes. Pero isto non vai con Fearmaga, que levita por riba de veleidades domésticas e asegura que “a maquinaria usada para cortar madeira no monte non causa incendios”. Xus...

Silvicultura industrial (incendios) e... RIADAS

Imaxe
Estes días deberíamos estar de celebración. Celebrando que non houbo unha traxedia. Sinalabamos na anterior entrada que desde finais da primavera e ao longo do verán, só os episodios tormentosos derivados das altas temperaturas poderían descargar, de forma brusca e masiva, pero fugaz, un volume de agua significativo que, a pesar de todo, no cómputo global anual apenas representaría unha porcentaxe menor. Pero este feito non impide que, recibido así en tromba, non poida causar estragos nas ribeiras, agros e núcleos de poboación, especialmente se hai algo que non está “ben feito”. E así aconteceu hai uns días no concello de Viana do Bolo, no lugar da Bouza, xa lindando coa Gudiña. A Bouza é un pequeno núcleo que non chega a cen edificacións. Pouco máis de 30 persoas moran nel todo o ano. Encóntrase na aba oeste do Monte Testeiro, o cume máis alto da metade occidental da Serra do Canizo. Até hai poucos anos esta serra contaba cunha superficie considerábel de masa arvorizada de piñeiro sil...