Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta eucaliptización

Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?

Imaxe
  Para entender o flamante contrato do UH-60L Black Hawk asinado pola Xunta coa empresa Airworks Helicopters, de Salamanca, e máis o futuro despregamento deste tipo de aeronaves no Estado Español e no resto da Europa máis afectada e sensibilizada polo desafío dos megaincendios, convén que introduzamos algúns factores e botemos man doutros detalles non banais. Para, posteriormente, centrármonos na análise da eficiencia destes aparellos no combate aéreo dos incendios. Vamos con un deses factores necesarios, pero non suficientes..: o colapso Kamov. O denominado colapso dos helicópteros Kamov en Europa refírese á parálise total e á retirada de servizo destas aeronaves rusas de extinción de incendios a raíz das sancións impostas pola Unión Europea á Federación Rusa. Esta situación provocou unha perda de até o 30% na capacidade de descarga e extinción de incendios forestais en países do sur de Europa, especialmente no Estado Español e Portugal, que dependían enormemente do modelo Kamo...

Madeiristas: a patente de corso para a eucaliptización

Imaxe
  Nas últimas entradas deste blog facíamos alusión á impunidade coa que desenvolve o seu traballo a industria extractiva e, nomeadamente, o empresariado que se especializou na corta, retirada, carga e transporte de madeira de eucalipto e piñeiro. Tal impunidade concrétase en: Ø   Ocupación de camiños, estradas e vías de comunicación local durante os labores de carga Ø   Uso e tránsito en calquera circunstancia meteorolóxica dos camiños e pistas locais, frecuentemente deixándoos inutilizados para o posterior desprazamento da poboación local Ø   Abandono no predio tras corta, da ramallada, toros inservíbeis e outros restos silvícolas, que se suman ao importante volume de terra e pedras que aparecen como resultado da apertura de vías de saca Ø   Erosión dos terreos e pistas afectados polas cortas e polo paso da maquinaria, co conseguinte arrastre de áridos, pedras e ramallada cara a rede de regos e ríos da contorna, que nas crecidas, á súa vez, os levan cara á des...

“Galicia! Cada día máis linda..”

Imaxe
Para quen aínda desfruta dos privilexios da mocidade e non frecuenta festas e celebracións estivais en aldeas ou mesmo vilas rurais manexadas por instrumentos ao servizo do Club do Tangaraño, tamén coñecido como PPdeG, hai que dicir que o título desta entrada se refere, como non, a aquela música omnipresente cantada por un dúo que nos tempos de pax fraguiana ,   facía a súa aparición mesmo entre os fideos da sopa. Pimpinela, chamábanse. Eran fillos dun asturiano e unha leonesa que emigraran á Arxentina a finais da década dos 40. Nesa canción, o dúo cantaba sobre a saudade emigrante, pero o retrouso sublimaba as mil marabillas dun país imaxinario, que só existía como visión ansiada de quen está fóra da terra. Para o prócer cuase monarca de Vilalba e para un dos seus ideólogos, aquela música podía ser un instrumento transcendente, de enorme valor, cando Fraga xa levaba 11 anos demostrando incapacidade para resolver os problemas do país. En pagamento pola súa composición, Pimpinela a...

Política forestal: a base do triángulo do lume. Parte I: o contexto

Imaxe
  Un modelo tan básico para explicar a combustión e o avance do lume como é o do triángulo e a súa variante do tetraedro parece ser persistente e irresponsabelmente ignorado por este e os anteriores gobernos autonómicos galegos. Ao igual que outros gobernos situados nas antípodas ibéricas, o seu é deixar pasar o tempo relaxadamente, engordando as contas bancarias mentres a xente que traballa encara unha nova crise de prezos e padece por chegar a fin de mes. A dupla   “patada a seguir” da Conselleira Ninfuninfá e da Conselleira Mentireira, coñecida esta semana, está no próximo Pladiga e xa se encargaron de divulga-la. Por un lado, a incorporación dentro dos plans de extinción da figura de xefe/a de loxística, tarefa a desenvolver por técnicos e/ou axentes en incendios complexos. É como sacar un coello da chistera, porque non necesariamente representa unha garantía de dispoñer dos medios materiais necesarios que esixían os axentes. Por outra, a   elaboración dos plans preve...