Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta evolución

Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?

Imaxe
  Para entender o flamante contrato do UH-60L Black Hawk asinado pola Xunta coa empresa Airworks Helicopters, de Salamanca, e máis o futuro despregamento deste tipo de aeronaves no Estado Español e no resto da Europa máis afectada e sensibilizada polo desafío dos megaincendios, convén que introduzamos algúns factores e botemos man doutros detalles non banais. Para, posteriormente, centrármonos na análise da eficiencia destes aparellos no combate aéreo dos incendios. Vamos con un deses factores necesarios, pero non suficientes..: o colapso Kamov. O denominado colapso dos helicópteros Kamov en Europa refírese á parálise total e á retirada de servizo destas aeronaves rusas de extinción de incendios a raíz das sancións impostas pola Unión Europea á Federación Rusa. Esta situación provocou unha perda de até o 30% na capacidade de descarga e extinción de incendios forestais en países do sur de Europa, especialmente no Estado Español e Portugal, que dependían enormemente do modelo Kamo...

“Galicia! Cada día máis linda..”

Imaxe
Para quen aínda desfruta dos privilexios da mocidade e non frecuenta festas e celebracións estivais en aldeas ou mesmo vilas rurais manexadas por instrumentos ao servizo do Club do Tangaraño, tamén coñecido como PPdeG, hai que dicir que o título desta entrada se refere, como non, a aquela música omnipresente cantada por un dúo que nos tempos de pax fraguiana ,   facía a súa aparición mesmo entre os fideos da sopa. Pimpinela, chamábanse. Eran fillos dun asturiano e unha leonesa que emigraran á Arxentina a finais da década dos 40. Nesa canción, o dúo cantaba sobre a saudade emigrante, pero o retrouso sublimaba as mil marabillas dun país imaxinario, que só existía como visión ansiada de quen está fóra da terra. Para o prócer cuase monarca de Vilalba e para un dos seus ideólogos, aquela música podía ser un instrumento transcendente, de enorme valor, cando Fraga xa levaba 11 anos demostrando incapacidade para resolver os problemas do país. En pagamento pola súa composición, Pimpinela a...

O devalo premeditado dun país: o abandono dos serradoiros de castiñeiro e piñeiro

Imaxe
Na anterior entrada fixemos un breve comentario sobre a pequena industria que existía no país   arredor da produción de madeira nobre de árbores frondosas autóctonas. E citabamos a importancia e relevancia alcanzada por algún dos serradoiros galegos, como o de Moneixas, propriedade de Manuel Riádigos, finado hai xa anos. E como a administración galega, esa dominada polo Club do Tangaraño, tamén coñecido como PPdeG, deixaba esmorecer un recurso de enorme potencialidade, experiencia e coñecemento. Como muitas veces vale máis unha imaxe que mil palabras, recuperamos aquí un vídeo que se gravou hai xa case 20 anos. E aproveitamos para vos apresentar a extensión no YouTube deste IncenDiario, que ha levar por nome Canal IncenDiario . Con certa periodicidade incorporaremos material audiovisual que consideremos interesante para mellor comprender algunhas das ideas que defendemos neste humilde blog. No vídeo do que falamos, que leva por título Historias forestais , aparecen dous exemplos...