Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta fotos

Incendios e fauna en perigo (e IV): o lobo (Isabel Barja)

Imaxe
Isabel Barja Núñez, nacida en Campobecerros (Castrelo do Val), doutora en Ciencias Biolóxicas e profesora titular do Departamento de Bioloxía da Universidade Autónoma de Madrid. Centra o seu labor de investigación nun amplo número de especies animais e en diferentes disciplinas ou aspectos das ciencias da vida, pero é unha das investigadoras que mellor coñece as interioridades do lobo, desde o seu comportamento trófico e de marcaxe territorial, até as circunstancias que acompañan e provocan elevados índices de estrés na poboación, desenvolvendo un notábel traballo neste último aspecto a través do estudo das oscilacións da presenza de indicadores hormonais debido ás perturbacións humanas. Nacida nunha aínda dinámica aldea da montaña de Ourense á que volta todos os meses, era obrigado e é un placer te-la de convidada. Pregunta (P): Desde hai uns 15 anos, pero especialmente nos derradeiros cinco, vense evidenciando a gravidade que supón a ameaza dos incendios para numerosos territorios e ...

Trevinca, un ano despois (e II)

Imaxe
  Comentamos na última entrada que o incendio de Trevinca se iniciou no Acebral de Porto, ao prender lume na vexetación seca un raio dos numerosos que descargou un trebón sen precipitación. Un deses episodios de “tormenta seca” que se agoiran frecuentes para os próximos anos debido ás mudanzas climáticas. Até ese 14 de agosto de 2025 sucedéranse dúas vagas de calor, sendo especialmente intensa a segunda, que situou as temperaturas máximas por riba de 35º entre o 3 e o 18 de agosto. O dia 14, cando se desatou ese trebón, herbas e matos estaban secos e lignificados e incluso as árbores, que padecían un evidente estrés hídrico, sumaban a súa ramallada ás toneladas de combustíbel preparadas para arder. As liñas que escrevemos a seguir, e a reportaxe fotográfica que as acompañan, non son máis que un breve repaso, incompleto a nivel territorial, que trata de descrever de forma aproximada os potenciais danos sufridos. Porque un ano despois, non existe unha avaliación oficial de danos e ...

Trevinca, un ano despois (I)

Imaxe
En cousa duns días vai ser o aniversario dunha das non poucas catástrofes ecolóxicas que padecemos por incendio o pasado ano na nosa terra. Na mañá do 14 de agosto de 2025, unha treboada sen precipitación descargaba numerosos raios sobre as ladeiras situadas por riba de Porto de Seabra. Un deles prendía nos arredores do Acebral, a escasos 4 km da estrema con Galiza. Segundo os partes oficiais da Junta de Castela e León, o foco tería prendido entre as 07:30 e as 08 horas da mañán. Ao día seguinte, impulsado por fortes rachas de vento, cruzou a liña divisoria das dúas autonomías e avanzou sen control desde a Serra Calva cara o macizo de Pena Trevinca. Durante tres días, a Conselleira Ninfuninfá de Medio Rural e a Conselleira Mentireira de Medio Ambiente, evitaron informar ou transmitir a súa preocupación polo que puidese acontecer neste importante espazo natural. Oficialmente daríase por extinguido 69 días máis tarde (21 de outubro), estimándose en máis de 16.000 hectáreas a superficie c...

“Galicia! Cada día máis linda..”

Imaxe
Para quen aínda desfruta dos privilexios da mocidade e non frecuenta festas e celebracións estivais en aldeas ou mesmo vilas rurais manexadas por instrumentos ao servizo do Club do Tangaraño, tamén coñecido como PPdeG, hai que dicir que o título desta entrada se refere, como non, a aquela música omnipresente cantada por un dúo que nos tempos de pax fraguiana ,   facía a súa aparición mesmo entre os fideos da sopa. Pimpinela, chamábanse. Eran fillos dun asturiano e unha leonesa que emigraran á Arxentina a finais da década dos 40. Nesa canción, o dúo cantaba sobre a saudade emigrante, pero o retrouso sublimaba as mil marabillas dun país imaxinario, que só existía como visión ansiada de quen está fóra da terra. Para o prócer cuase monarca de Vilalba e para un dos seus ideólogos, aquela música podía ser un instrumento transcendente, de enorme valor, cando Fraga xa levaba 11 anos demostrando incapacidade para resolver os problemas do país. En pagamento pola súa composición, Pimpinela a...