Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?
En cousa duns días vai ser o
aniversario dunha das non poucas catástrofes ecolóxicas que padecemos por
incendio o pasado ano na nosa terra. Na mañá do 14 de agosto de 2025, unha
treboada sen precipitación descargaba numerosos raios sobre as ladeiras
situadas por riba de Porto de Seabra. Un deles prendía nos arredores do Acebral,
a escasos 4 km da estrema con Galiza. Segundo os partes oficiais da Junta de
Castela e León, o foco tería prendido entre as 07:30 e as 08 horas da mañán. Ao
día seguinte, impulsado por fortes rachas de vento, cruzou a liña divisoria das
dúas autonomías e avanzou sen control desde a Serra Calva cara o macizo de Pena
Trevinca. Durante tres días, a Conselleira Ninfuninfá de Medio Rural e a
Conselleira Mentireira de Medio Ambiente, evitaron informar ou transmitir a súa
preocupación polo que puidese acontecer neste importante espazo natural.
Oficialmente daríase por extinguido 69 días máis tarde (21 de outubro),
estimándose en máis de 16.000 hectáreas a superficie calcinada, máis de 5.000
delas na Zona de Especial Conservación de Pena Trevinca.
Neste blog elaboramos unha entrada cunha nutrida reportaxe
fotográfica para deixar constancia dos danos ecolóxicos e paisaxísticos
sufridos en Pena Trevinca. Case un ano despois, voltamos a esas montañas e
vales para retratar como se encontran os importantes hábitats perdidos. Nesta
entrada incluímos fotografías indicando a que lugares pertencen. Na seguinte
entrada faremos unha primeira avaliación de danos, unha descritiva de como se
está a desenvolver o proceso espontáneo de recuperación e unha previsión da
evolución paisaxística, a falta de información detallada sobre o estado no que
se encontran as especies faunísticas tan importantes que conserva este espazo
natural.
Moita tristura ao ver a situación.
ResponderEliminarAgradecemento pola información e difusión sobre cómo se atopa ese territorio actualmente
Non hai de que. Subiremos unha valoración superficial de danos estes dias..
ResponderEliminar