Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?

Imaxe
  Para entender o flamante contrato do UH-60L Black Hawk asinado pola Xunta coa empresa Airworks Helicopters, de Salamanca, e máis o futuro despregamento deste tipo de aeronaves no Estado Español e no resto da Europa máis afectada e sensibilizada polo desafío dos megaincendios, convén que introduzamos algúns factores e botemos man doutros detalles non banais. Para, posteriormente, centrármonos na análise da eficiencia destes aparellos no combate aéreo dos incendios. Vamos con un deses factores necesarios, pero non suficientes..: o colapso Kamov. O denominado colapso dos helicópteros Kamov en Europa refírese á parálise total e á retirada de servizo destas aeronaves rusas de extinción de incendios a raíz das sancións impostas pola Unión Europea á Federación Rusa. Esta situación provocou unha perda de até o 30% na capacidade de descarga e extinción de incendios forestais en países do sur de Europa, especialmente no Estado Español e Portugal, que dependían enormemente do modelo Kamo...

Trevinca, un ano despois (I)

En cousa duns días vai ser o aniversario dunha das non poucas catástrofes ecolóxicas que padecemos por incendio o pasado ano na nosa terra. Na mañá do 14 de agosto de 2025, unha treboada sen precipitación descargaba numerosos raios sobre as ladeiras situadas por riba de Porto de Seabra. Un deles prendía nos arredores do Acebral, a escasos 4 km da estrema con Galiza. Segundo os partes oficiais da Junta de Castela e León, o foco tería prendido entre as 07:30 e as 08 horas da mañán. Ao día seguinte, impulsado por fortes rachas de vento, cruzou a liña divisoria das dúas autonomías e avanzou sen control desde a Serra Calva cara o macizo de Pena Trevinca. Durante tres días, a Conselleira Ninfuninfá de Medio Rural e a Conselleira Mentireira de Medio Ambiente, evitaron informar ou transmitir a súa preocupación polo que puidese acontecer neste importante espazo natural. Oficialmente daríase por extinguido 69 días máis tarde (21 de outubro), estimándose en máis de 16.000 hectáreas a superficie calcinada, máis de 5.000 delas na Zona de Especial Conservación de Pena Trevinca.

Neste blog elaboramos unha entrada cunha nutrida reportaxe fotográfica para deixar constancia dos danos ecolóxicos e paisaxísticos sufridos en Pena Trevinca. Case un ano despois, voltamos a esas montañas e vales para retratar como se encontran os importantes hábitats perdidos. Nesta entrada incluímos fotografías indicando a que lugares pertencen. Na seguinte entrada faremos unha primeira avaliación de danos, unha descritiva de como se está a desenvolver o proceso espontáneo de recuperación e unha previsión da evolución paisaxística, a falta de información detallada sobre o estado no que se encontran as especies faunísticas tan importantes que conserva este espazo natural.


Camiño cara o Portelo das Portas e Pena Survia. Abaixo, a pequena Lagoa da Serpe. Obsérvase a ausencia de vexetación no lombo ou aresta por riba do carreiro.


Aspecto dese lombo ou aresta espida de vexetación.



A mesma área. Vexetación pioneira de Armeria ciliata e acantilados que descenden de Trevinca N.



A ladeira que descende cara a Lagoa da Serpe



Detalle da lagoa.



Bidueiras e rebolos que arrodean a parte sur do teixedal do Rego do Penedo, queimados en 2025 e mortos na actualidade.



Ladeira nordeste da Pena Survia.



O lago da Baña e as ladeiras queimadas da vertente noroeste do Picón



Ladeira sur e lombo ou aresta oeste da Pena Survia. Percíbese a extrema erosión padecida.



Detalle do efecto da erosión no lombo ou aresta oeste da Pena Survia



Erosión nas brañas da cabeceira do río Teira, leste da Pena Negra.



Camiño cara o cume da Pena Trevinca ao longo do lombo ou aresta norte, practicamente espida de vexetación pioneira tras case un ano do lume.



Brañas na cabeceira do val do río Teira



























Comentarios

  1. Moita tristura ao ver a situación.
    Agradecemento pola información e difusión sobre cómo se atopa ese territorio actualmente

    ResponderEliminar
  2. Non hai de que. Subiremos unha valoración superficial de danos estes dias..

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O devalo premeditado dun país: o abandono dos serradoiros de castiñeiro e piñeiro

Incendios e fauna en perigo (e IV): o lobo (Isabel Barja)

Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?