Incendios e fauna en perigo (e IV): o lobo (Isabel Barja)
Nas últimas entradas deste blog facÃamos alusión á impunidade coa que desenvolve o seu traballo a industria extractiva e, nomeadamente, o empresariado que se especializou na corta, retirada, carga e transporte de madeira de eucalipto e piñeiro. Tal impunidade concrétase en:
Ø Ocupación de camiños, estradas e vÃas de comunicación local durante os labores de carga
Ø Uso e tránsito en calquera circunstancia meteorolóxica dos camiños e pistas locais, frecuentemente deixándoos inutilizados para o posterior desprazamento da poboación local
Ø Abandono no predio tras corta, da ramallada, toros inservÃbeis e outros restos silvÃcolas, que se suman ao importante volume de terra e pedras que aparecen como resultado da apertura de vÃas de saca
Ø Erosión dos terreos e pistas afectados polas cortas e polo paso da maquinaria, co conseguinte arrastre de áridos, pedras e ramallada cara a rede de regos e rÃos da contorna, que nas crecidas, á súa vez, os levan cara á desembocadura nas rÃas
Este compéndio de usos e costumes das
empresas madeireiras ven determinado, como un reflexo “pavloviano”, polo
consentimento ditado e praticado desde as altas instancias competentes da Xunta
de Galicia, é dicir, ConsellarÃa de Medio Rural - Dirección Xeral de
Planificación e Ordenación Forestal e Dirección Xeral de Defensa do Monte - e
ConsellarÃa de Medio Ambiente - Dirección Xeral de Patrimonio Natural e
Biodiversidade e Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental -, ademais
tamén da ConsellarÃa de Cultura - Dirección Xeral de Patrimonio -, á cal en
repetidas ocasións a asociación Mariña Patrimonio, por exemplo, lle ten
comunicado denuncias. É algo parecido ao mesmo trato de favor, por riba das
obrigas legais, que se pode recoñecer coas louseiras de Valdeorras, que
sepultan rÃos e conxuntos patrimoniais da arquitectura tradicional coas súas
entulleiras. Ambos son claros exemplos de como os “arneiróns” locais, esa casta
empresarial e caciquil aferrada á pedra nai, se beneficia dos resortes do
extractivismo propio da economÃa colonial, enriquecéndose a costa da destrución
dos recursos naturais de todo o povo.
Pero non é só o consentimento. É tamén
a inxección de subsidios a fondo perdido, disque para a “modernización
mecanizada do sector forestal”. Nos últimos anos, os sucesivos governos,
primeiro de Mr. ChÃcharo e despois
do Presidente Neumático, destinaron
máis de 40 millóns de euros para mercarlles procesadoras, autocargadores,
tractocargadores, cabezais procesadores, arrastradores, maquinaria de corta e
saca.., a eses pións imprescindÃbeis da industria forestal ao servizo de Ence. Vexamos:
|
Convocatoria / perÃodo |
Importe público anunciado |
Observación |
|
2017-2018 (MR606A e
primeiras liñas XERA) |
~5-7 M€ estimados |
Primeiras convocatorias para maquinaria forestal
pesada. |
|
2019 |
varios millóns (€ non claramente publicados) |
Axudas do 40% para autocargadores, arrastradores, procesadoras, etc. |
|
2021 resolución publicada |
10,7 M€ |
112 empresas beneficiarias; explicitamente para
modernización de procesadoras, autocargadores e biomasa. |
|
2023 convocatoria XERA |
9 M€ |
TecnoloxÃas forestais, mobilización e comercialización. |
|
2025-2026 |
10 M€ |
Nova orde para maquinaria e tecnoloxÃa forestal. |
|
2026 convocatoria
Xera-Tecno |
11 M€ |
Inclúe maquinaria de corta, desembosque e trazabilidade. |
Pero esas que figuran na táboa son as
axudas directas concedidas pola Xunta. Despois están as procedentes doutras
institucións e acollidas a fondos FEADER asociados, as convocatorias
provinciais, o leasing subvencionado
ou as axudas indirectas á biomasa e cadea loxÃstica forestal.
É dicir, e tal como sinalan múltiples
fontes de crÃtica, como comunidades de montes, organizacións ecoloxistas, sectores
crecentes do mundo rural, académico e da investigación, mesmo parte do corpo
técnico do propio sector forestal, o modelo de monte que se está a incentivar a
través do gasto de decenas de millóns en maquinaria non resolve o abandono
estrutural do territorio, non crea mosaico agroforestal, non fixa poboación, non
reduce necesariamente a carga de combustÃbel e reforza modelos de monocultivo
moi inflamábeis, ademais de estar atrás dos casos xa vistos de riadas
potencialmente mortÃferas.
Deixamos abaixo uns enlaces a novas
aparecidas nos últimos anos na prensa galega nas que se pode comprobar o
malestar ocasionado por esa impunidade do empresariado madeirista. E unha
pequena colección de videos e imaxes como testemuña deste relato.
A insistencia coa que a Banda das Carrachas defende a súa aposta de modelo extractivista, con
exemplos como Altri, Ence, eucaliptización, minarÃa en Doade, Touro, San Fins,
Penouta ou Pentes, masificación eólica, eólica mariña.., fai pensar que ese
edifÃcio todo cargado de ambicións acabará por esboroar desde dentro. Será o
legado que deixará no Club do Tangaraño, coñecido tamén por PPdeG, esa dupla de
soberbia que forman Alfonso Rueda e Paula Prado.
Finalmente, non podemos evitar
colocar unha metáfora da ecoloxÃa forestal e humana, criación do mÃtico grupo
Rush en 1979...
Corta
de eucaliptos e piñeiros ás beiras do rÃo Arnela, Castromaior (AbadÃn) en 2025,
unha de tantas asi...
https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2025/03/15/o-bng-denuncia-estragos-caminos-115313756.html
Comentarios
Publicar un comentario