Incendios e fauna en perigo (e IV): o lobo (Isabel Barja)
Xurxo Mouriño Lourido, ornitólogo, naturalista e biólogo. Nacido en Vigo e veciño da Ulloa. Consultor ambiental especializado en estudos de fauna e flora, ordenación de recursos naturais e xestión de biodiversidade, foi un dos socios fundadores en 1991 da empresa de consultorÃa ambiental Arcea Xestión de Recursos Naturais, unha das primeiras empresas especializadas dese sector. Ornitólogo de longa traxectoria, ten abordado censos e seguimentos de colonias de aves mariñas desde a década dos anos 80 en todas as illas do noso litoral, o cal lle ten facilitado coñecer varios núcleos de poboación de choia de bico vermello.
Os seguimentos efectuados en Galiza hai anos sobre a choia de bico
vermello mostraron que xa nos anos 90 do século pasado se evidenciara un devalo
demográfico notorio na especie. Na actualidade, parece que as observacións
fragmentarias disponÃbeis, tanto dos núcleos da beiramar como da montaña,
revelan unha situación de declive, especialmente nos existentes na última. Por
exemplo, se nos 90 podÃan contarse entre 150 e 200 exemplares na área da Pena
Trevinca, hoxe apenas chegan a unha ducia. Que razóns hai para esta significativa
diminución?
En Galiza existen poucos datos para
avaliar a tendencia demográfica da choia, con escasos censos completos e ademais
limitados a localidades concretas, o que non permite acadar o nivel de entendemento
necesario para interpretar cambios no número de aves existente, nin se quer
para poder delimitar os diferentes núcleos de poboación. Sábese de sectores
xeográficos onde ten desaparecido desde metade do século XX (RÃas Baixas, A
Mariña), pero tamén outros onde se recuperou (entorno da rÃa da Coruña). A
nivel ibérico acontece algo parecido, escaseza de censos e estudos demográficos
con apenas coñecemento de tendencias en áreas moi concretas, especialmente na
zona central (Segovia e Madrid), Monegros e Portugal.
No macizo de Trevinca en concreto, non
se coñecen estimas fundamentadas de parellas reprodutoras e apenas se conta con
observacións puntuais de bandos, xeralmente en época estival, que mesmo poderÃan
agrupar individuos dunha área xeográfica máis ampla (Cabrera, Enciña da Lastra...).
A pesar de non dispor de censos sistemáticos, todo apunta a unha diminución,
tanto na base de observacións puntuais na zona como pola tendencia rexistrada noutras
localidades próximas e/ou semellantes. Sen afastarse moito, na Enciña da
Lastra, onde se dispón de mellores datos nos últimos 30 anos, pasouse de 6-12
parellas reprodutoras a só unha ou dúas, e o pousadoiro para durmir existente,
que sen dúbida agrupaba aves dun ámbito xeográfico maior, caeu en vinte anos de
150 a 30 exemplares, e na actualidade semella abandonado.
A choia precisa de acceder ao chan
en espazos abertos para alimentarse de invertebrados e froitos, movendo o
substrato co seu peteiro e patas, ambas extremidades relativamente longas no
contexto dos córvidos. O desenvolvemento das matogueiras e mesmo o avance
forestal, tanto de bosques autóctonos como de plantacións con especies
exóticas, non lle favorece, e isto está asociado ao abandono rural,
nomeadamente da ganderÃa extensiva e de prácticas agrÃcolas de montaña. É
coñecido que se alimenta de invertebrados coprófagos asociados a excrementos de
grandes herbÃvoros. Probablemente o seu hábitat de alimentación antes da
intervención humana serÃan rochedos, pasteiros naturais subalpinos ou alpinos, asÃ
como as zonas de mato que as manadas de grandes herbÃvoros fosen abrindo
Os megaincendios sufridos en áreas de montaña da provincia de Ourense e
na Cordilleira Cantábrica previsibelmente terán alterado de forma significativa
os hábitats que frecuenta a especie. Podemos pensar que, aos factores que
estaban a operar negativamente sobre a demografÃa da especie, se suman os
propios do deterioro destes hábitats polos efectos do lume e a erosión
subseguinte?
É probábel que á choia non lle
veñan mal pequenos incendios en zonas de matogueira, onde poida acceder ao chan
para alimentarse, pero lumes en rochedos, vexetación herbácea subalpina (ou
oromediterránea) e en extensións territoriais tan enormes como acontecen nos
últimos anos, supoñen a destrución temporal do seu hábitat de alimentación.
Infelizmente, polo falado antes, nin se quer dispomos de boa información previa
para poder monitorizar esta situación.
Os rexistros meteorolóxicos indican un incremento da frecuencia e intensidade
das vagas de calor. As áreas de montaña nas que habita a especie móstranse
especialmente vulnerábeis ante esta nova realidade, ao incrementarse a aridez e
o risco de incendio. No relativo ás medidas preventivas, só podemos imaxinar a
aplicación de queimas controladas ou cres que serÃa fundamental recuperar
aproveitamentos tradicionais, nomeadamente de ganderÃa menor en extensivo, que
aportan beneficios ecolóxicos e manteñen os hábitats propios de especies como a
choia?
En Escocia e zonas de Portugal está
documentado o importante papel que xogan os rabaños de herbÃvoros domésticos -concretamente
ovellas-, na dinámica de poboación da
especie. Parece lóxico pensar que a choia está ligada a paisaxes modeladas pola
herbivorÃa, e en ausencia de grupos de ungulados salvaxes e de gando doméstico
ou semidoméstico, a especie fica limitada a zonas con pasteiros de cantil e
dunas nas áreas costeiras, e a rochedos e pasteiros naturais subalpinos na alta
montaña.
O paradigma da conservación de espazos naturais en Galiza, ben en parques
naturais/nacionais como en Zonas de Especial Conservación, adoece de rixidez e
mecanicismo, e mesmo en non poucas ocasións se revela como pernicioso para algúns
usos rurais tradicionais. A historia recente mostra como un oficio que
contribuÃa á conservación dos hábitats da choia, como o de pastor de ovellas e
cabras, que podÃa demandar unha maior planificación e control das queimas, foi
perseguido en beneficio da ganderÃa extensiva de vacún, moito máis esixente na
aplicación do lume. Cres que é preciso mudar en profundidade os criterios que
orientan as polÃticas de conservación e de dinamización económica do rural?
Sen dúbida precisan un brusco
cambio de rumbo. Na Galiza actualmente non existen polÃticas de conservación, alén
da non intervención e da explotación turÃstica dos espazos naturais legalmente
protexidos. En canto á polÃtica rural, é inconcebÃbel que, pese as reiteradas
recomendacións de profesionais de diferentes ámbitos (conservación da
biodiversidade, xestión de incendios, dinamización do territorio, demografÃa
rural, alimentación de calidade...), se siga subvencionando a implantación de
granxas intensivas e non exista apoio económico para iniciativas de pastoreo e
recolonización das aldeas.
A través da realización de censos e estimas periódicas de poboación, ti
fuches testemuño directo da extinción do arao. Que sensación che proporcionan
as tendencias observadas en especies como a perdiz charrela, a propia choia de
bico vermello ou a toupa de rÃo Galemys
pyrenaicus?
Das tres especies que citas non hai
datos detallados en Galiza para determinar con precisión a súa tendencia; mais,
como dis, existen evidencias locais e concretas da súa rarificación, mesmo en
territorios próximos, polos que se distribúen en aparente continuidade cos
efectivos galegos, nomeadamente a través da cordilleira Cantábrica. A priori non creo que desaparezan tan
bruscamente como aquela poboación ibérica e isolada de arao, pero estamos nunha
época inestábel, con mudanzas pouco previsÃbeis e que acontecen en moi escaso
tempo, que poderÃan alterar calquera opinión previa.
Que recomendacións farÃas en materia de conservación, xestión e mellora
de hábitats para tratar de reverter esas tendencias?
No caso da choia, a recuperación do
pastoreo na montaña, asà como en certos sectores da costa, semella fundamental,
planificado nun marco de conservación dos ecosistemas. Tamén importante serÃa artellar
polÃticas a medio e longo prazo de conservación de hábitats de rochedos e
pasteiros naturais, baseados na súa monitorización e co claro obxectivo da súa
preservación, en clara prioridade sobre usos recreativos, turÃsticos, gandeiros
ou de explotación de recursos xeolóxicos ou enerxéticos. Un desenvolvemento
sustentábel de verdade.
Comentarios
Publicar un comentario