Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?

Imaxe
  Para entender o flamante contrato do UH-60L Black Hawk asinado pola Xunta coa empresa Airworks Helicopters, de Salamanca, e máis o futuro despregamento deste tipo de aeronaves no Estado Español e no resto da Europa máis afectada e sensibilizada polo desafío dos megaincendios, convén que introduzamos algúns factores e botemos man doutros detalles non banais. Para, posteriormente, centrármonos na análise da eficiencia destes aparellos no combate aéreo dos incendios. Vamos con un deses factores necesarios, pero non suficientes..: o colapso Kamov. O denominado colapso dos helicópteros Kamov en Europa refírese á parálise total e á retirada de servizo destas aeronaves rusas de extinción de incendios a raíz das sancións impostas pola Unión Europea á Federación Rusa. Esta situación provocou unha perda de até o 30% na capacidade de descarga e extinción de incendios forestais en países do sur de Europa, especialmente no Estado Español e Portugal, que dependían enormemente do modelo Kamo...

A desolación no macizo de Pena Trevinca. Reportaxe fotográfica do impacto do lume

Esta entrada é só para deixar constancia do impacto do lume no macizo da Pena Trevinca. A súa intensidade fixo arder mesmo as queirugas que medran á beira dos brañeiros. Difícil (imposíbel) será evitar a erosión e chegada masiva de borrallo aos cursos de agua. A recuperación da vexetación levará o seu tempo. Se as secas estivais son tan intensas como a deste ano, podemos afacernos a ver arder novamente estas montañas en pouco tempo, por incendios provocados ou pola caída de raios. Aquí queda unha pequena reportaxe fotográfica.

O Picón e cabeceira do Rego do Lago da Baña

Lagoa do Picón e contorna

Valgada do Regato do Penedo

Pacas de herba depositadas desde helicóptero no borde da Lagoa da Serpe (Regato do Penedo)

Teixos e fraga no Regato do Penedo 

Algúns rebolos e carballos ao redor dos teixos teñen sufrido danos importantes pola intensidade do lume

Corda do Picón a Pena Vidulante

Intensidade do lume nas brañas da vertente leste da Pena Trevinca

Intensidade do lume nas brañas da vertente leste da Pena Trevinca 


Intensidade do lume nas brañas da vertente leste da Pena Trevinca 


Brañas ao pe da Pena Negra, ao fondo Pena Survia

Vertente leste da Pena Negra


Nacente do Río Teira

Brañas do nacemento do Río Teira

Brañas e pastos da cabeceira do Río Teira

Curso do Río Teira desde Trevinca 

Curso do Río Teira desde Trevinca 

Aigue sobrevoa a Pena Negra

Carreiro cara a Pena Trevinca

Corda Pena Negra a Trevinca desde a Pena Survia

Pequenos esforzos fronte á inmensidade da serra

Pequenos esforzos fronte á inmensidade da serra 

Torgos de mil anos de lumes

A herba sae coa humidade das orvalladas















































Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O devalo premeditado dun país: o abandono dos serradoiros de castiñeiro e piñeiro

Incendios e fauna en perigo (e IV): o lobo (Isabel Barja)

Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?