Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?

Imaxe
  Para entender o flamante contrato do UH-60L Black Hawk asinado pola Xunta coa empresa Airworks Helicopters, de Salamanca, e máis o futuro despregamento deste tipo de aeronaves no Estado Español e no resto da Europa máis afectada e sensibilizada polo desafío dos megaincendios, convén que introduzamos algúns factores e botemos man doutros detalles non banais. Para, posteriormente, centrármonos na análise da eficiencia destes aparellos no combate aéreo dos incendios. Vamos con un deses factores necesarios, pero non suficientes..: o colapso Kamov. O denominado colapso dos helicópteros Kamov en Europa refírese á parálise total e á retirada de servizo destas aeronaves rusas de extinción de incendios a raíz das sancións impostas pola Unión Europea á Federación Rusa. Esta situación provocou unha perda de até o 30% na capacidade de descarga e extinción de incendios forestais en países do sur de Europa, especialmente no Estado Español e Portugal, que dependían enormemente do modelo Kamo...

Prácticas mafiosas na Consellería de Medio Ambiente

 

Na historia da cinematografía dos EE.UU, obsesionado como vive este país coa certeza de ser o embigo do mundo, hai múltiples escenas que representan episodios de extorsión a pequenos comerciantes, case sempre inmigrantes. Neses fragmentos móstrase, nalgúns casos torpemente, noutros con mestría evidente, o modus operandi desa outra caste de inmigrantes que alimentaron o crime organizado aproveitando as brechas do sistema e que asentaban as súas prácticas na intimidación, a ameaza e a extorsión a lexións de pequenos comerciantes en cidades como Nova York ou Chicago, esixindo un imposto “de seguridade”.


Venme isto á cabeza porque nos acaban de proporcionar información sobre comportamentos similares na Consellería de Medio Ambiente, esa que está encabezada pola Conselleira Mentireira. Como ben podedes imaxinar, non son exactamente prácticas que procuran a extorsión con fins económicos. Pero o procedemento é parecido: “Oes, fulanito, chegounos información do que estás a investigar sobre tal cousa, non é? A ver.., estás sobre terreos delicados, a remexer e levantar poeira.., vas ter que precisar unha autorización ou podes ter problemas..”

Chamadas telefónicas, convocatorias a reunións, exhibición de expedientes de subvencións ou, directamente, retirada do apoio económico a investigacións ou traballos de recuperación ambiental son un conxunto de prácticas que remiten, de forma inmediata, a esa historiografía cinematográfica da Cosa Nostra. Abusan porque saben que é doado atemorizar a quen vai por libre á ventimperie, sen unha organización detrás, coa única vestimenta do convencemento de que a verdade se defende soa. Cando estes traballos dependen case en exclusiva da percepción destas axudas económicas, quen así actúa ten ao seu alcance o obxectivo de condicionar e reorientar eses traballos de xeito que non afecten á política que practica o Clube do Tangaraño, tamén coñecido como PPdeG.  Xa vemos o que pasa coa RTVG, onde impera a falsedade, a manipulación e a represión de quen quere exercer como xornalista e non como correa de transmisión. 

O último exemplo desas prácticas mafiosas da Consellería de Medio Ambiente foi executado, consta-nos, por cargos intermedios e medio-altos dese niño de víboras (con todos os respectos para Vipera seoanei e Vipera latastei) de San Lázaro. Somos conscientes de que este tipo de extorsión existía anteriormente. Mais agora, coa Conselleira Mentireira á fronte, esta práctica ten-se convertido tamén en modus operandi cando se pon en cuestión e se ameaza o relato político da Banda das Carrachas. O control do fluxo da información derivada das conclusións de investigacións incómodas é obsesivo. E selecciónase ou promóvese na escala dixital da meritocracia a aquel funcionariado que non ten reparos en executar este tipo de extorsión. E claro, por ignorancia, o control faise a eito.

Que se anden con muito cuidado. Este país ten resortes suficientes para enviar “a facer fotocopias” a ese funcionariado. E para descabalgar a calquera “amazonas” con ínfulas de poder. Nada bo pode acontecer cando a práctica política se alimenta da ignorancia, da soberbia e da mentira, materias nas que é especialista a de Melide.

Un pouco de humor cos Simpson:


E, como contraste coa maldade e escuridade imperante, unha pouca de luz:








Comentarios

Publicacións populares deste blog

O devalo premeditado dun país: o abandono dos serradoiros de castiñeiro e piñeiro

Incendios e fauna en perigo (e IV): o lobo (Isabel Barja)

Para que vale o Black Hawk UH 60, o xoguetiño da Conselleira?