Publicacións

Prácticas mafiosas na Consellería de Medio Ambiente

Imaxe
  Na historia da cinematografía dos EE.UU, obsesionado como vive este país coa certeza de ser o embigo do mundo, hai múltiples escenas que representan episodios de extorsión a pequenos comerciantes, case sempre inmigrantes. Neses fragmentos móstrase, nalgúns casos torpemente, noutros con mestría evidente, o modus operandi desa outra caste de inmigrantes que alimentaron o crime organizado aproveitando as brechas do sistema e que asentaban as súas prácticas na intimidación, a ameaza e a extorsión a lexións de pequenos comerciantes en cidades como Nova York ou Chicago, esixindo un imposto “de seguridade”. Venme isto á cabeza porque nos acaban de proporcionar información sobre comportamentos similares na Consellería de Medio Ambiente, esa que está encabezada pola Conselleira Mentireira. Como ben podedes imaxinar, non son exactamente prácticas que procuran a extorsión con fins económicos. Pero o procedemento é parecido: “Oes, fulanito, chegounos información do que estás a investigar so...

“Galicia! Cada día máis linda..”

Imaxe
Para quen aínda desfruta dos privilexios da mocidade e non frecuenta festas e celebracións estivais en aldeas ou mesmo vilas rurais manexadas por instrumentos ao servizo do Club do Tangaraño, tamén coñecido como PPdeG, hai que dicir que o título desta entrada se refere, como non, a aquela música omnipresente cantada por un dúo que nos tempos de pax fraguiana ,   facía a súa aparición mesmo entre os fideos da sopa. Pimpinela, chamábanse. Eran fillos dun asturiano e unha leonesa que emigraran á Arxentina a finais da década dos 40. Nesa canción, o dúo cantaba sobre a saudade emigrante, pero o retrouso sublimaba as mil marabillas dun país imaxinario, que só existía como visión ansiada de quen está fóra da terra. Para o prócer cuase monarca de Vilalba e para un dos seus ideólogos, aquela música podía ser un instrumento transcendente, de enorme valor, cando Fraga xa levaba 11 anos demostrando incapacidade para resolver os problemas do país. En pagamento pola súa composición, Pimpinela a...

O devalo premeditado dun país: o abandono dos serradoiros de castiñeiro e piñeiro

Imaxe
Na anterior entrada fixemos un breve comentario sobre a pequena industria que existía no país   arredor da produción de madeira nobre de árbores frondosas autóctonas. E citabamos a importancia e relevancia alcanzada por algún dos serradoiros galegos, como o de Moneixas, propriedade de Manuel Riádigos, finado hai xa anos. E como a administración galega, esa dominada polo Club do Tangaraño, tamén coñecido como PPdeG, deixaba esmorecer un recurso de enorme potencialidade, experiencia e coñecemento. Como muitas veces vale máis unha imaxe que mil palabras, recuperamos aquí un vídeo que se gravou hai xa case 20 anos. E aproveitamos para vos apresentar a extensión no YouTube deste IncenDiario, que ha levar por nome Canal IncenDiario . Con certa periodicidade incorporaremos material audiovisual que consideremos interesante para mellor comprender algunhas das ideas que defendemos neste humilde blog. No vídeo do que falamos, que leva por título Historias forestais , aparecen dous exemplos...

Política forestal: a base do triángulo do lume. Parte III: quen é quen na xestión do monte

Imaxe
  “Como bem sabedes, adiquei grande parte da minha vida a tratar de compreender a loucura dos loucos. Pêro poucos sabem que o que sempre foi para mim mais difícil de entender é a cordura dos cordos. A cordura da obediência, da disciplina, da ordem, da auto-opressom, da assimilaçom á civilizaçom colonizadora e alienante. Esse é o problema que levo á sepultura sem resolver, pero que vos animo a continuar estudando. Quando saibamos porquê obedecemos e tememos á autoridade que nos oprime e porquê despreçamos aos irmaos que nos falam de liberdades; quando saibamos porquê os oprimidos odiamo-nos entre nós; quando saibamos porquê renegamos da nossa identidade como Povo e porquê nos alienamos na falsa identidade dos imperios que nos oprimem. Quando saibamos alomenos isto ninguém poderá já nunca jamais oprimirnos, explorar-nos nen colonizar-nos.” Ramom Muncharaz. Ames, 2008   Pouco antes de morrer, o psiquiatra e militante independentista galego Ramom Muntxaraz deixou un escrito ...