Il Gattopardo. A obediencia debida e as pedras que arden
Estabamos inmersos na redacción da terceira parte da análise da política forestal cando o noso Presidente Neumático nos sorprendeu cun vibrante exercicio de gatopardismo, quizás levado por esa estraña corrente sociolóxica que demanda kátharsis así que se achega o Entroido. Co cal vamos aparcar por uns días a análise prevista, para detérmonos un chisco nesa operación de cesamento de dúas pezas fundamentais da política forestal galega: o Director Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e o Director Xeral de Defensa do Monte. Por agora, anónimos.. Giuseppe Tomasi di Lampedusa foi un escritor italiano dotado dunha portentosa capacidade para retratar as condutas perversas da sociedade aristocrática e política siciliana na época da nacente República. A súa única e coñecida novela Il Gattopardo é mostra sublime diso. E desa obra ten transcendido durante decenios a frase célebre pronunciada polo ambicioso personaxe de Tancredi: "Se queremos que todo siga como está, é necesario qu...