Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

“Galicia! Cada día máis linda..”

Imaxe
Para quen aínda desfruta dos privilexios da mocidade e non frecuenta festas e celebracións estivais en aldeas ou mesmo vilas rurais manexadas por instrumentos ao servizo do Club do Tangaraño, tamén coñecido como PPdeG, hai que dicir que o título desta entrada se refere, como non, a aquela música omnipresente cantada por un dúo que nos tempos de pax fraguiana ,   facía a súa aparición mesmo entre os fideos da sopa. Pimpinela, chamábanse. Eran fillos dun asturiano e unha leonesa que emigraran á Arxentina a finais da década dos 40. Nesa canción, o dúo cantaba sobre a saudade emigrante, pero o retrouso sublimaba as mil marabillas dun país imaxinario, que só existía como visión ansiada de quen está fóra da terra. Para o prócer cuase monarca de Vilalba e para un dos seus ideólogos, aquela música podía ser un instrumento transcendente, de enorme valor, cando Fraga xa levaba 11 anos demostrando incapacidade para resolver os problemas do país. En pagamento pola súa composición, Pimpinela a...